Ao coidado de todas as entidades adheridas a Queremos Galego

http://www.queremosgalego.org/




Queremos galego apela á mobilización social para frear a nova ofensiva contra o galego

“A sentenza do TSXG sobre a ordenanza de uso do galego en Lugo é ideolóxica e supremacista e pretende negar o dereito a atención en galego nos servizos públicos”
 “É preciso modificar as leis para avanzarmos en dereitos e evitar interpretacións contrarias a todos os acordos democráticos”

Santiago de Compostela, 14/03/2016-. A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 600 colectivos sociais de todo tipo, valorou hoxe a sentenza do TSXG sobre a ordenanza de uso do galego en Lugo, que eliminou algúns aspectos fundamentais como o dereito da cidadanía a recibir atención en galego por parte de servizos contratados pola administración a empresas privadas.
O portavoz de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, lembrou como desde 2004 se levan aprobando accións favorábeis ao galego como o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega con absoluta unanimidade social e política, mesmo ratificados en xullo de 2015 na Declaración de unidade impulsada pola Mesa pola Normalización, ou como no caso dos concellos se veñen aprobando, tamén por unanimidade, ordenanzas como a de Lugo, sen ningún problema máis que o dunha minoría “que non atura nin sequera a existencia do galego como peza de museo”.
Campaña contra o galego con cumplicidade xudicial
Para Queremos Galego, no 2010 comezou unha campaña contra os avances favorábeis ao galego conseguidos sempre pola mobilización e a acción da sociedade. “Comezaron contra o galego no ensino e hoxe, coa participación directa do poder xudicial, atacan o uso do galego nas administracións públicas e servizos privatizados”.
Maceira lembrou que a sentenza do TSXG elimina o galego como lingua propia e oficial de Lugo, por non estar subordinada ao castelán e vir definida como lingua plena e de pleno dereito; elimina a rotulación en galego de oficinas e despachos, a sinalización viaria, a atención preferente en galego, o dereito a sermos atendidos e informados en galego en servizos privatizados, o carácter normalizador das axudas e subvencións, ou cousas tan evidentes como a existencia dun ámbito lingüístico galego.
“O que está a facer o TSXG é romper os acordos promovidos pola sociedade e concretados unanimemente polas forzas políticas. Un ataque gravísimo diante do que cómpre actuar: modificando a lexislación para evitar interpretacións contrarias ao acordado, máxime cando existen neste momento 500 disposicións legais que amparan e mesmo obrigan ao uso do castelán cando non chegan á decena as que amparan o uso do galego, que ademais non se cumpren ou son obxecto de ataque por determinados sectores extremistas como neste caso”.
Así, indicou o portavoz de Queremos Galego, “onde está a xustiza cando non é posíbel realizar trámites, mesmo obrigatorios, en Facenda ou na Seguridade Social, cando o Ministerio do Interior, Adif ou Renfe atacan a legalidade na toponimia, etc,etc?”
Posicionamento claro e activo de Feixó
Para Queremos Galego diante deste ataque cómpre un posicionamento claro e activo do goberno da Xunta. “Estaría disposto o presidente Feixó a que de agora en diante unha sentenza ditase que a Xunta ten que ser La Junta, as Consellarías, Consejerías, ou que a SX de política Lingüística fose Secretaria General e ademais tivese que engadir que tamén actúa para defender o español?
A responsabilidade de Feixó neste caso é maior “porque el abríu a veda contra o galego en 2010 co decretazo e agora debe pechala se realmente está comprometido cos acordos”.
A gravidade da sentenza fai que non sexa un tema local senón nacional que pode afectar a moitos concellos que están traballando en ordenanzas a favor do galego aínda que sexa de maneira moi precaria vista a inferioridade de condicións.
“Promover o galego tamén é lexislar, non é reducir o galego a actos folkóricos e rituais”.
Mobilizacións
Queremos Galego anunciou accións por todo o país en contra desta sentenza e para animar a todas as forzas políticas e sociais a actuar lexislando a favor da nosa lingua. O primeiro acto vai ter lugar o mércores 16 de marzo ás 11.30 diante do concello de Lugo, apoiando a decisión do pleno oporse a esta sentenza. Segundo sinalou o portavoz, haberá outros actos até o día 1 de abril, data na que está convocado plenario da paltaforma, e apartir de aí cada localidade deseñará o seu calendario que culminará o 17 de maio cunha grande manifestación en Santiago.

 


http://www.queremosgalego.org/2016/03/14/queremos-galego-apela-a-mobilizacion-social-para-frear-a-nova-ofensiva-contra-o-galego/#more-702



INÍCIO 


var linkwithin_site_id = 2445455; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...http://www.linkwithin.com/widget.js

Anúncios

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s